BTT Turismo Naraío
Ruta para unha familia deportista…
Sáese do Castelo, súbese disfrutando pola beira do río Castro ata chegar ao asfalto, donde temos a grande ascensión desta ruta, por asfalto. Ao chegar á Fraguela quedan uns metros máis de asfalto ata as Nabeiras, donde nons metemos por unha pista-sendeiro todo para abaixo. Compre ter revisados os frenos!!!
Chegamos a Rió LImpo e collemos polo camiño dos Lamigheiros ata a ponte dos Foxos, donde trocamos de banda para a outra beira do río e chegamos ao muíño de Pielas. De novo no asfalto paga a pena achegarse ata a ponte do Batán. Despois seguimos para tomarlle unha no Bar Eladio. Alí mesmo temos a fonte de san Roque e a Igrexa de Naraío.
Baixamos e. despois de pasar a cooperativa, cruzamos o río pola ponte medieval, que non se aprecia desde arriba porque é asfalto… E desviámonos maís adiante para disfrutar dunha pista-sendeiro pola beira do río Castro, ata Pereiras.
Voltamos polo asfaltado, por Fontao, e subimos ata O Piñeiro. No bar podemos repostar para baixar despois de novo a Río Limpo, desde donde subimos ao Castelo pasando pola fervenza máis popular de Naraío… un baño?
Queda a subida peada de novo ata o castelo. (Nas escaleiras, ao final, hai que portar a bici)
- Estrada 35%
- Pista 35%
- Sendeiro 30%
Descarga a ruta en formato GPX
Para poder seguila co teu teléfono, garmin, etc.Outras rutas por Naraío
Naraío Extreme
Non é ciclable: É o que debería ser unha ruta guapa por Naraío cos camiños limpos e coidados... 😉 Estado actual (xullo 2025): A subida á Louseira non é totalmente ciclable para XC. Para trial ou se eres un máquina si. A baixada desde Quintiá a Lourido polo monte...
Naraío – Circular por As Cancelas
Saída e Chegada: Coop. de Naraío. Pasa polos lugares de Ferrería, Pielas, Río Limpo, Nabeiras, As Cancelas, A Casanova, O Chao, Campolabrado, Penamoura, Cobeluda, Pereiras e Saldoiro.EstradaPistaSendeiro Descarga a ruta en formato GPX Para poder seguila co teu...

