Naraío Extreme
Non é ciclable: É o que debería ser unha ruta guapa por Naraío cos camiños limpos e coidados…
😉
Estado actual (xullo 2025):
- A subida á Louseira non é totalmente ciclable para XC. Para trial ou se eres un máquina si.
- A baixada desde Quintiá a Lourido polo monte está pechada de xestas e toxos. A alternativa é baixar pola pista asfaltada. Pódese baixar de Lourido a Pielas, pero non está moi coidado.
- É ciclable o subidón ao Pousadoiro, pero non está moi coidado.
- Non é ciclable a baixada desde o Forgoselo ao Río Castro tal e como está indicado no track, especialmente a parte de abaixo, polo Saíme. A alternativa é baixar pola pista asfaltada polo Furado ata a ponte e coller alí o sendeiro a carón do río.
- O tramo entre A Pedreira e O Remicieiro está sen coidar.
- Hai un pequeno tramo ao final, a subida aos Foxos desde Saldoiro, que tamén está sin limpar. Cáseque non se pasa.
- Estrada 10%
- Pista 50%
- Sendeiro 40%
Descarga a ruta en formato GPX
Para poder seguila co teu teléfono, garmin, etc.
Outras rutas por Naraío
BTT Turismo Naraío
Ruta para unha familia deportista... Sáese do Castelo, súbese disfrutando pola beira do río Castro ata chegar ao asfalto, donde temos a grande ascensión desta ruta, por asfalto. Ao chegar á Fraguela quedan uns metros máis de asfalto ata as Nabeiras, donde nons metemos...
Naraío – Circular por As Cancelas
Saída e Chegada: Coop. de Naraío. Pasa polos lugares de Ferrería, Pielas, Río Limpo, Nabeiras, As Cancelas, A Casanova, O Chao, Campolabrado, Penamoura, Cobeluda, Pereiras e Saldoiro.EstradaPistaSendeiro Descarga a ruta en formato GPX Para poder seguila co teu...

