Naraío para andar en bici?
Info importante: En Naraío hai costas.
Se non estás en forma, ou se pensas en vir con nenos, tes que saber que hai sitios mellores. A alternativa son as bicis eléctricas.
Naraío é un val entre montes, de costas peadas, con recunchos fermosos que paga a pena coñecer. Pero hai que sudar. Se buscas un lugar para darlle forte e acumular desnivel en poucos quilómetros, daquela estás no sitio.
Rutas por Naraío
Proposta de rutas ghuapas…
BTT Turismo Naraío
Ruta para unha familia deportista... Sáese do Castelo, súbese disfrutando pola beira do río Castro ata chegar ao asfalto, donde temos a grande ascensión desta ruta, por asfalto. Ao chegar á Fraguela quedan uns metros máis de asfalto ata as Nabeiras, donde nons metemos...
Naraío Extreme
Non é ciclable: É o que debería ser unha ruta guapa por Naraío cos camiños limpos e coidados... 😉 Estado actual (xullo 2025): A subida á Louseira non é totalmente ciclable para XC. Para trial ou se eres un máquina si. A baixada desde Quintiá a Lourido polo monte...
Naraío – Circular por As Cancelas
Saída e Chegada: Coop. de Naraío. Pasa polos lugares de Ferrería, Pielas, Río Limpo, Nabeiras, As Cancelas, A Casanova, O Chao, Campolabrado, Penamoura, Cobeluda, Pereiras e Saldoiro.EstradaPistaSendeiro Descarga a ruta en formato GPX Para poder seguila co teu...
Outras Rutas!!!
Outras rutas que pasan por Naraío…
BTT – Biela e Chaveta – Curta
Traballo do clube Biela e Chaveta. Esta pedaso-ruta pasa por Naraío, pero sae de Sansa, vai por Igrexafeita, baixa todo polos camiños ghuapos de Naraío, e volta subir a Igrexafeita para meterse cara a Moeche, Somozas e voltar polo val de Moeche ata o punto da saída...
BTT Biela e Chaveta – Versión Longa
Traballo do clube Biela e Chaveta. Esta pedaso-ruta pasa por Naraío, pero sae de Sansa, vai por Igrexafeita, baixa todo polos camiños ghuapos de Naraío, e volta subir a Igrexafeita para meterse cara a Moeche, Somozas e voltar polo val de Moeche ata o punto da saída...
Segmentos de interese para BTT
No seguinte mapa están os segmentos máis interesantes, todos sobre terra.
Non se inclúen aquí tramos asfaltados.
Ollo: Son segmentos para bicicleta de montaña/grável. Non están asfaltados.
Lenda de cores
Verde: pistas e camiños doados, con pouco desnivel.
Azul: pistas e sendeiros avanzados. Sen moito desnivel, pero que poden ter tramos un chisco técnicos. Hai que ir controlando.
Vermello: Pistas e sendeiros difíciles, ben por inclinación ou ben por dificultades técnicas.
Negro: Segmentos difíciles, con moita inclinación e/ou dificultades técnicas.
Información dos segmentos
O mapa é interactivo: Ao facer click en calquera dos segmentos podes obter máis información.


